Edicións do Cumio.Lecturas.Ensaio
logo de Cumio edicións do Cumio

 Ensaio   c o l e c c i ó n


LUÍS PIMENTEL. Biografía da súa poesía.
Xesús Alonso Montero


Neste libro, intencionadamente tirulado Luís Pimentel: biografía da súa poesía, o autor achégase cun amore ós poemas deste gran poeta.

14,5 x 20. 224 páx. 10,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-19-7



INFORME(S) SOBRE A LINGUA GALEGA. Presente e pasado.
Xesús Alonso Montero


Son graves os problemas cos que se ten que enfrontar unha lingua como a nosa, e de aí a teima do autor á hora de apuntar ou suxeri-lo que han de facer tódolos que entendan como un ben irrenunciable o idioma neste país.

14,5 x 20. 184 páx. 10,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-27-8



O GALEGO E AS LEIS.
Pilar García Negro


As análises que a autora realiza do corpus xurídico na materia, a filosofía lingüística e os criterios de sociolingüística que os sustentan, lévannnos a afirmar que estamos perante un libro necesario, que alía o rigor expositivo cun non disimulado apaixonamento polo tema de estudio.

14,5 x 20. 484 páx. 19,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-43-X



A POESÍA DE EDUARDO PONDAL.
Manuel Forcadela


A obra de Eduardo Pondal é analizada polo miúdo neste ensaio, sen dúbida o máis sobresaliente entre tódolos que se teñan escrito sobre o poeta , desvelando segredos da súa poesía e personalidade que ata agora aparecían velados para o público lector, e que contribúe , como poucos, a esclarecer o momento en que se empeza a forxar a historia moderna de Galicia.

14,5 x 20. 424 páx. 16,50 €
I.S.B.N.: 84-87126-93-6



ÁNXEL FOLE. APROXIMACIÓN TEMÁTICA Á SÚA OBRA NARRATIVA EN GALEGO.
Armando Requeixo


Producto dunha longa e profunda investigación de case tres anos de duración sobre a bibliografía foleana, o autor revisa e pon ó día anteriores achegas críticas á obra do escritor lucense, para ofrecernos unha visión diferente, renovada e fresca do particular universo narrativo de Ánxel Fole.

14,5 x 20. 144 páx. 7,00 € (segunda edición)
I.S.B.N.: 84-8289-050-6

as coleccións de lectura
     
 

A Curuxa
Libros recomendados para o segundo e terceiro ciclo da Educación Primaria, textos ilustrados para os lectores máis novos.

Gaivota
Textos narrativos seleccionados especialmente para os esdudiantes da Educación Secundaria Obrigatoria.

Narrativa
Literatura xuvenil e para adultos en textos escolleitos dos máis interesantes escritores e escritoras.

Cómplice
Colección de relato fantástico e policial que xunta o máis interesante do xénero publicado en lingua galega.

Criterio
Ensaio sobre a obra e a biografía dos máis relevantes autores e títulos da nosa literatura.

Ensaio
Quer a literatura quer a lingua teñen nesta serie o seu tratamento específico, riguroso e ameno.

Escolmas
Unha nova colección de antoloxías poéticas dos grandes autores e autoras de Galicia.

Documenta
Textos de información sobre os máis interesantes temas de interese xeral.

Biografías Históricas
Nas que o biografiado é o fío conductor do periplo vital e histórico de toda unha época e actividade.

Etnografía
Cultura popular, tradicións, costumes... A Galicia tradicional nos seus estudios.

Mitos e Tradicións
Narracións chegadas a nós pola transmisión oral de ducias de xeneracións, recolleitas e fixadas para sérenlle contadas ás vindeiras.

Cociña
As mellores receitas dun dos grandes da gastronomía galega: Paco Feixó.

Textos Internacionais
Cadernos de enorme interese na análise e documentación dos puntos quentes do planeta, feitos, e realizados para pensar no mundo desde nós mesmos.

O Fardel
Un lugar de encontro entre diversas disciplinas que non deben quedar isoladas.

Fotografía
Libros en gran formato con fotografías de gran calidade sobre os aspectos máis relevantes do país.

 
 
 
 
 
– © Edicións do Cumio. Reservados todos os dereitos. –
   
DICCIONARIOS ENSINO LECTURAS CONTOS E XOGOS MULTIMEDIA GUÍAS CARTOGRAFÍA MÚSICA