Edicións do Cumio.Dicionarios.Outros
logo de Cumio edicións do Cumio

 Dicionarios Cumio  outros dicionarios


ADAPTADO Á NOVA NORMATIVA APROBADA EN 2003


CONSULTOR CUMIO DE GALEGO
Avelino Hermida

Os criterios empregados na redacción do Consultor Cumio de Galego foron conscientemente moi amplos e heteroxéneos, para lles dar cabida a todas as dúbidas ou problemas que se puidesen presentar ao traballar coa lingua. A súa ordenación alfabética responde á necesidade de facilitar as procuras, sen que iso supoña que este é un dicionario tradicional. Aquí encontraremos voces que se distinguen pola súa acentuación diacrítica, nomes de países, diminutivos, varias escollas de sinonimia nunha acepción, grafías incorrectas, castelanismos, lusismos, arcaísmos, vulgarismos e outras desviacións da correcta ortografía e morfoloxía do galego.
Este consultor é, de feito, un vocabulario ortográfico, un dicionario de dúbidas, un dicionario castelán-galego, un dicionario de usos e unha obra para a consulta gramatical das diferentes entradas.
Unha ferramenta fundamental para escoller a forma correcta para o galego fronte ás desviacións da norma.
Unha obra imprescindíbel para atender as dúbidas que xera a entrada en vixencia das mudanzas normativas que a Real Academia Galega aprobou no ano 2003.

16,5 x 25. 1.040 páx. 28,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-282-7




DICCIONARIO CUMIO DE EXPRESIÓNS E FRASES FEITAS CASTELÁN-GALEGO
Xosé Antonio Pena

¿Por que “á terceira, a vencida” se temos, de noso, “ás tres hai vez”? ¿Por que “tirarse da moto” se temos, de noso, “botarse polas pozas”? ¿Por que “estala buscando” se temos, de noso, “andar a piar por elas” ou “andar facendo nelas”? ¿Por que…?
Máis de 13.000 expresións castelás e galegas organizadas en 1.700 entradas, que fornece expresións galegas como alternativa de noso ás que moitas veces son o resultado de traducir literalmente do castelán.

16,5 x 25. 960 páx. 27,00 € (segunda edición)
I.S.B.N.: 84-8289-129-4




DICCIONARIO CUMIO DE CONSTRUCCIÓNS PREPOSICIONAIS
Xesús Riveiro Costa

Recolle as palabras que en galego aparecen frecuentemente acompañadas dunha preposición establecendo con elas unha relación sintáctica. Inclúe non só verbos –polo que vai máis alá das chamadas rexencias verbais–, senón tamén substantivos, adxectivos, adverbios, pronomes e outras preposicións coas que forman estructuras de uso frecuente na lingua: as denominadas construccións preposicionais. Este é un manual axeitado para darlles solución a casos tradicionalmente dubidosos na sintaxe do galego.

11 x 17,5. 208 páx. 11,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-164-2




DICCIONARIO CUMIO DOS VERBOS GALEGOS
Ramón Nicolás

Este completo diccionario presenta 11.000 verbos co seu modelo de conxugación e 500 verbos conxugados, distribuídos en orde alfabética, elixidos cun dobre criterio: o da frecuencia do seu uso en determinados contextos como a docencia, a administración ou os medios de comunicación, e o da dificultade que estes verbos poden presentar na súa correspondente conxugación.

8 x 11,5. 640 páx. 17,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-64-2


as coleccións de dicionarios
     
 

Lingua Galega
A mellor e meirande oferta de dicionarios para traballar coa lingua, adaptados a todos os niveis de coñecemento e editados nos máis variados formatos.

Dicionarios Bilingues
Dende a grande obra de dous tomos ata o máis pequerrecho, para levar no peto.

Outros Dicionarios
Fraseoloxía, verbos, preposicións... Obras moi coidadas para mergullarse nos diferentes aspectos da lingua galega.

PROXECTO SÉCULO 21
Tres selos editoriais galegos (Edicións do Cumio, Ediciós do Castro e Editorial Galaxia) reúnense para dotar á sociedade galega de novos materiais didácticos e de coñecemento.

 

 
 
 
 
– © Edicións do Cumio. Reservados todos os dereitos. –
   
DICCIONARIOS ENSINO LECTURAS CONTOS E XOGOS MULTIMEDIA GUÍAS CARTOGRAFÍA MÚSICA