Edicións do Cumio.Dicionarios.Lingua Galega
logo de Cumio edicións do Cumio

 Dicionarios Cumio   lingua galega

ADAPTADOS Á NOVA NORMATIVA APROBADA EN 2003



GRAN DICIONARIO CUMIO
DA LINGUA GALEGA (con etimoloxía)
ADAPTADO Á NORMATIVA 2003

O maior Dicionario da lingua galega normativizado. Conta con máis de catrocentas mil definicións completas. Contén unha novidosa información etimolóxica discriminada para máis de setenta mil entradas, estranxeirismos e latinismos, termos científicos, técnicos e novas entradas do léxico específico de áreas de interese recente, entre as que destacan a estatística, a mercadotecnia, a informática, Internet e a xenética. Introduce xentilicios galegos e internacionais e termos de tribos, etnias e pobos do mundo. Remisións de sinonimia e antonimia, xunto a confrontacións terminolóxicas. Inclúe tamén entradas falsas de grande axuda nun momento de transición por mor da mudanza normativa recente.

Entradas: 75.000 / Acepcións: 150.000 / Definicións: 400.000

21 x 29. 1.600 páx. 60,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-304-1




DICIONARIO CUMIO DA LINGUA GALEGA
ADAPTADO Á NORMATIVA 2003

Dicionario da lingua galega na normativa oficial vixente. Contén máis de duascentas mil definicións completas. Achega información etimolóxica discriminada para máis de trinta e cinco mil entradas, estranxeirismos e latinismos, termos científicos, técnicos e novas entradas do léxico específico de áreas de interese recente, entre as que destacan a estatística, a mercadotecnia, a informática, Internet e a xenética. Introduce xentilicios galegos e internacionais e termos de tribos, etnias e pobos do mundo. Remisións de sinonimia e antonimia, xunto a confrontacións terminolóxicas. Inclúe tamén entradas falsas, axuda necesaria en tempos de transición normativa.

Entradas: 44.000 / Acepcións: 80.000 / Definicións: 200.000

21 x 29. 962 páx. 34,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-305-X




DICIONARIO CUMIO DA LINGUA GALEGA PARA SECUNDARIA E BACHARELATO
ADAPTADO Á NORMATIVA 2003

O máis axeitado Dicionario da lingua galega normativizado para os niveis educativos de Secundaria e Bacharelato. Conta con máis de oitenta mil acepcións e máis de trinta mil entradas. Contén información etimolóxica, estranxeirismos e latinismos, termos científicos, técnicos e novas entradas do léxico específico de áreas de interese recente, entre as que destacan a estatística, a mercadotecnia, a informática, Internet e a xenética. Léxico relativo a etnias e pobos, xentilicios e topónimos. Remisións de sinonimia e antonimia. Inclúe tamén entradas falsas de grande axuda nun momento de transición por mor da mudanza normativa recente.

Entradas: 30.000 / Acepcións: 80.000

16 x 24. 1.120 páx. 24,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-306-8




DICIONARIO CUMIO DA LINGUA GALEGA PARA PRIMARIA
ADAPTADO Á NORMATIVA 2003

Redactado e organizado de xeito que se adapte perfectamente ao nivel educativo da ensinanza primaria. Visualmente colorista, sinxelo nas definicións e claro na súa información. Sen abreviaturas nin siglas, e con símbolos para os exemplos, observacións e frases. Con sinónimos e antónimos.

Cores: 2
Entradas: 20.000 / Acepcións: 60.000

15 x 22. 880 páx. 15,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-307-6




PEQUENO DICIONARIO CUMIO DA LINGUA GALEGA
ADAPTADO Á NORMATIVA 2003

Pensado e organizado para quen precisa unha obra que recolla o léxico galego fundamental. Un Dicionario da lingua galega redactado na normativa vixente. Conta con máis de setenta mil acepcións. Abreviaturas, siglas, símbolos, expresións cultas e estranxeiras definidas. Léxico relativo a etnias e pobos, xentilicios e topónimos. Remisións de sinonimia e antonimia, xunto a confrontacións terminolóxicas. Inclúe tamén entradas falsas de grande axuda nun momento de transición por mor da mudanza normativa recente. Información etimolóxica discriminada para máis de trinta e cinco mil entradas, estranxeirismos e latinismos, termos científicos e técnicos.

Entradas: 24.000 / Acepcións: 70.000

11 x 16,5. 960 páx. 16,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-309-2




DICIONARIO CUMIO DA LINGUA GALEGA BÁSICO
ADAPTADO Á NORMATIVA 2003

Redactado e organizado para cubrir as necesidadades na etapa de transición entre os niveis educativos da primaria (terceiro ciclo) e secundaria (primeiro curso). Dicionario da lingua galega normativizado que conta con máis de cen mil acepcións completas, nunhas trinta mil entradas. Sen abreviaturas nin siglas, e con símbolos para os exemplos, observacións e frases. Novas entradas do léxico específico de áreas de interese recente entre as que destacan a  informática e Internet. Remisións de sinonimia e antonimia.

Entradas: 30.000 / Acepcións: 100.000

16 x 24. 1.040 páx. 18,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-308-4




DICIONARIO DE PETO CUMIO DA LINGUA GALEGA
ADAPTADO Á NORMATIVA 2003

Un minimalista Dicionario da lingua galega normativizado. Información etimolóxica, estranxeirismos e latinismos, termos científicos, técnicos e novas entradas do léxico específico de áreas de interese recente; sinonimia e antonimia.

Entradas: 10.000 / Acepcións: 50.000

8 x 11. 688 páx. 8,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-310-6


as coleccións de dicionarios
     
 

Lingua Galega
A mellor e meirande oferta de dicionarios para traballar coa lingua, adaptados a todos niveis de coñecemento e editados nos máis variados formatos.

Dicionarios Bilingues
Dende a grande obra de dous tomos ata o máis pequerrecho, para levar no peto.

Outros Dicionarios
Fraseoloxía, verbos, preposicións... Obras moi coidadas para mergullarse nos diferentes aspectos da lingua galega.

PROXECTO SÉCULO 21
Tres selos editoriais galegos (Edicións do Cumio, Ediciós do Castro e Editorial Galaxia) reúnense para dotar á sociedade galega de novos materiais didácticos e de coñecemento.

 

 
 
 
 
– © Edicións do Cumio. Reservados todos os dereitos. –
   
DICCIONARIOS ENSINO LECTURAS CONTOS E XOGOS MULTIMEDIA GUÍAS CARTOGRAFÍA MÚSICA