Edicións do Cumio.Lecturas.Criterio
logo de Cumio edicións do Cumio

 Criterio   c o l e c c i ó n


LITERATURA GALEGA CONTEMPORÁNEA (Problemas de método e interpretación).
Francisco Rodríguez


Reflexións básicas sobre problemas que comporta o estudio da literatura galega contemporánea. Unha interpretación sintética que, dentro da súa sinxeleza, ha ser clarificadora para especialistas e público en xeral.

13,5 x 19. 88 páx. 7,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-23-5



ROSAS NA SOMBRA (A poesía de Luís Pimentel).
Pilar Pallarés


Un libro único na bibliografía do poeta lugués, por virnos da man dunha poeta cunha tan fina e auténtica sensiblidade como a de Pimentel. O lector encontrará nel un exercicio de crítica literaria exemplar.

13,5 x 19. 176 páx. 10,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-28-6



A MAZÁ E A CINZA (Poesía galega após 1976).
Miguel A. Mato Fondo


Aproximación ó fenómeno poético que comeza a mediados dos setenta e se prolonga nos oitenta. Neste senso, é o primeiro estudio global sobre a poesía desa época cun claro rigor crítico aínda que para o autor sexa 'un ponto de partida' de estudios posteriores.

13,5 x 19. 96 páx. 7,50 €
I.S.B.N.: 84-87126-42-1



A ARTE E VERDADE. (A obra literaria de Daniel R. Castelao).
Manuel Rei Romeu


Neste libro analísase a obra narrativa, dramática e ensaística de Castelao, conxugando os enfoques metodolóxicos pertinentes cara a oferecer unha imaxe máis real e completa do autor, que non só ten sido distorsionado senón, marxinado e esquecido.

13,5 x 19. 160 páx. 9,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-45-6



FERMÍN BOUZA BREY. (A paixón dun humanista).
Dorinda Castro


I A literatura galega de preguerra (1900-1936): panorámica xeral.
II Perfil biográfico e estudio da súa obra.
III Escolma posible.
IV Bibliografía.

13,5 x 19. 104 páx. 7,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-51-0



OS CAMIÑOS DO SOÑO (A poesía de Uxío Novoneyra).
Antonia López García


Unha visión de conxunto, desde aqueles poemas das terras do Courel, ata os poemas sociais, tal vez menos coñecidos. Este traballo tenta un necesario achegamento a un período particularmente fructífero e interesante na creación poética en língua galega.

13,5 x 19. 88 páx. 6,50 €
I.S.B.N.: 84-87126-72-3



A POÉTICA DE MANUEL ANTONIO.
Xosé L. Axeitos


A obra pretende ser unha reflexión crítica baseada, fundamentalmente, nos textos metapoéticos do poeta rianxeiro, e un achegamento a un poeta que loita conscientemente pola renovación de poesía galega.

13,5 x 19. 80 páx. 8,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-67-7



EDUARDO BLANCO AMOR (O desacougo da nación negada).
Francisco Rodríguez


Neste libro analízase por vez primeira toda a obra de Blanco Amor, esclarecéndose a súa visión do mundo e a súa perspectiva respecto de Galicia. Tiramos así unha imaxe psíquica, intelectual e política desde datos e contextos obxectivables de carácter histórico-social.

13,5 x 19. 224 páx. 10,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-70-7



CELSO E. FERREIRO. O HOME E A OBRA.
Xesús Oreiro


Un percorrido pola vida e a obra de Celso Emilio, no que se profundiza moi acertadamente, e polo miúdo, en todas e cada unha das obras que nos legou o poeta de Celanova.

13,5 x 19. 128 páx. 6,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-96-0



A LITERATURA GALEGA NO EXILIO.
Xosé Manuel Maceira Fernández


Este estudio rescata e actualiza corenta anos da nosa historia literaria. Analiza, co aparato crítico máis axeitado a cada momento, tódolos xéneros literarios. Cobre un oco da nosa cultura escondido ou ignorado unhas veces, e valorado á lixeira moitas outras. Reivindica un periodo literario, primeiro perseguido e despois maldito, por non se axeitar aos cánones ao uso.

13,5 x 19. 296 páx. 11,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-95-2

as coleccións de lectura
     
 

A Curuxa
Libros recomendados para o segundo e terceiro ciclo da Educación Primaria, textos ilustrados para os lectores máis novos.

Gaivota
Textos narrativos seleccionados especialmente para os esdudiantes da Educación Secundaria Obrigatoria.

Narrativa
Literatura xuvenil e para adultos en textos escolleitos dos máis interesantes escritores e escritoras.

Cómplice
Colección de relato fantástico e policial que xunta o máis interesante do xénero publicado en lingua galega.

Criterio
Ensaio sobre a obra e a biografía dos máis relevantes autores e títulos da nosa literatura.

Ensaio
Quer a literatura quer a lingua teñen nesta serie o seu tratamento específico, riguroso e ameno.

Escolmas
Unha nova colección de antoloxías poéticas dos grandes autores e autoras de Galicia.

Documenta
Textos de información sobre os máis interesantes temas de interese xeral.

Biografías Históricas
Nas que o biografiado é o fío conductor do periplo vital e histórico de toda unha época e actividade.

Etnografía
Cultura popular, tradicións, costumes... A Galicia tradicional nos seus estudios.

Mitos e Tradicións
Narracións chegadas a nós pola transmisión oral de ducias de xeneracións, recolleitas e fixadas para sérenlle contadas ás vindeiras.

Cociña
As mellores receitas dun dos grandes da gastronomía galega: Paco Feixó.

Textos Internacionais
Cadernos de enorme interese na análise e documentación dos puntos quentes do planeta, feitos, e realizados para pensar no mundo desde nós mesmos.

O Fardel
Un lugar de encontro entre diversas disciplinas que non deben quedar isoladas.

Fotografía
Libros en gran formato con fotografías de gran calidade sobre os aspectos máis relevantes do país.

 
 
 
 
 
– © Edicións do Cumio. Reservados todos os dereitos. –
   
DICCIONARIOS ENSINO LECTURAS CONTOS E XOGOS MULTIMEDIA GUÍAS CARTOGRAFÍA MÚSICA