Edicións do Cumio.Contos e Xogos
logo de Cumio edicións do Cumio

 Contos e xogos   novidades

Os Contos e Xogos da rula
van dirixidos ós
máis cativos da casa.
Trátase dunha completa
colección de libros de cartón
nos máis variados formatos e
dunha serie de xogos didácticos
cos que aprender xogando: crebacabezas, lectrón...

Libros
crebacabezas

Nova colección de libros infantís. Historias narradas que inclúen divertidos crebacabezas.

(preme na imaxe)

A nova colección Contamoconto é unha nova aposta polos contidos multimedia en edicións do Cumio.
A ratiña presumida, O gato con botas, As sete cabuxas e o lobo, A bela adormecida, A bela e a besta, O libro da selva, A casiña de chocolate e Os tres porquiños.

Novidade, libros para nenos. Os contos da rula

Os Contos da Rula son libros de cartón adicados aos máis pequenos.
Visita a nosa sección e atoparás libros de colorar, móbiles, para comezar a ler, para aprender inglés, para coñecer os contos máis tradicionais...

A colección Contos Marabillosos achéganos relatos tradicionais ilustrados polo afamado debuxante Cesáreo Varela. Unha preciosa colección especialmente recomendada para as educacións infantil e primaria.


coleccións de contos e xogos
     
 

Os Contos
Decenas de libros de cartón nos seus máis atractivos deseños para apoiar o divertimento e a aprendizaxe dos máis cativos da casa.

Contos Marabillosos
Contos tradicionais galegos adaptados por Xosé Ramón Mariño Ferro (profesor de Antropoloxía Social da Universidade de Santiago) para a mellor comprensión do público infantil. As novidosas ilustracións son de Cesáreo Varela.

Contamoconto
Novidosa colección de oito clásicos da literatura universal (Irmáns Grimm, Charles Perrault, Madamme Beaumont, Rudyard Kipling…) editados en libros de grande formato e ilustrados a toda cor. Cada libro inclúe unha casete, de aproximadamente 30 minutos, coa versión dese conto musicado e dramatizado polas voces dos mellores actores e actrices do noso país.

Os Xogos da Rula
Xogos didácticos cunha excelente presentación para que os nosos cativos aprendan xogando.

O libro do bebé
Para lembrar paso a paso o primeiro ano de vida do bebé.

 
 
 
 
 
– © Edicións do Cumio. Reservados todos os dereitos. –
   
DICCIONARIOS ENSINO LECTURAS CONTOS E XOGOS MULTIMEDIA GUÍAS CARTOGRAFÍA MÚSICA