Edicións do Cumio.Lecturas.Cómplice
logo de Cumio edicións do Cumio

 Cómplice   c o l e c c i ó n


O VIOLÍN DE SARASATE. Un caso de Sherlock Holmes.
Alberto Fortes


En 1886 tivo lugar a visita de Sherlock Holmes á cidade de Pontevedra. Convidado para dar unha conferencia nesta cidade, o investigador vai intervir na resolución do sorprendente caso da desaparición do instrumento do célebre violinista e compositor Pablo Sarasate. O presente caso de Sherlock Holmes foi remitido dende Londres ó Concello de Pontevedra cen anos despois polos herdeiros de John H. Watson para que vise a luz por primeira vez nesta cidade, con anterioridade á edición británica, pois así o esixían as disposicións testamentarias do insigne doutor Watson.
Edicións do Cumio publica esta obra por decisión expresa da Sociedade Holmesiana de Pontevedra, testamenteira por delegación dos herdeiros de John H. Watson.

14,5 x 20. 96 páx. 8,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-162-6



O PATINAZO.
Gilles Perrault. Trad. X. Carlos Álvarez Quintero


Federico Chapelín-Tourrel é un xoven de vintenove anos, acusado de asasinar a seu pai e a súa nai. ¿Era inocente? ¿Dixo a verdade no xuízo? A perfecta construcción desta novela levaranos a un final emocionante polo inesperado.

14,5 x 20. 136 páx. 9,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-07-3



PUTA MISERIA.
Rafael Arnat e Trinitat Satorre. Trad. X.C. Sousa Fdez.


Dous rapaces sen oficio nin beneficio, matinan arreo a maneira de saír da vida miserenta que levan. E non se lles ocorre nada mellor que facer un secuestro. Escrita en clave de humor, os autores sorpréndennos cun final inesperado.

14,5 x 20. 192 páx. 9,50 €
I.S.B.N.: 84-87126-09-X



O ENIGMA DA HERDANZA HERTZ.
Pierre Gripari. Trad. Carme Ruibal e Xosé M. Lema


Unha apaixonante aventura do detective marciano Nap Snapel, que sondea os pensamentos dos homes, posto que os marcianos son telépatas...

14,5 x 20. 160 páx. 9,50 €
I.S.B.N.: 84-87126-10-3



AS REGRAS DO XOGO.
Ramiro Fonte


As dez narracións que conforman este libro teñen en común a súa vinculación coas distintas variedades do chamado xénero negro e tamén teñen en común a destreza narrativa do autor.

14,5 x 20. 152 páx. 9,50 € (segunda edición)
I.S.B.N.: 84-87126-18-9



SANGUE SOBRE A NEVE.
Manuel Forcadela


Un Vigo portuario e invernal dá cabida ós lances de paixón e crime que o autor describe con inimitable mestría.

14,5 x 20. 136 páx. 9,50 € (sétima edición)
I.S.B.N.: 84-87126-16-2



AMOR EN AMSTERDAM.
Nicolas Freeling. Trad. X.M. Dasilva e M. Fernández


Nunha casa da rúa Joseph Israelskade, aparece asasinado un home, con catro balazos no estómago. A investigación policial ponse en marcha dirixida por Van der Valk, un inspector de métodos pouco ortodoxos.

14,5 x 20. 192 páx. 10,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-30-8



BARATO, BARATO.
Manuel Forcadela


Un misterioso Mercedes verde, un revólver cargado, dúas irmás xemeas e un vendedor negro, serán os elementos que entretezan a intriga nestas novas aventuras de Tomi Barreiro o heroe que coñecéramos en Sangue sobre a neve.

14,5 x 20. 152 páx. 9,50 € (segunda edición)
I.S.B.N.: 84-87126-41-3



OBXECTIVO ESTADIO OLÍMPICO.
Eduard José. Trad. Carlos L. Bernárdez


Unha misteriosa organización ameaza a seguridade da cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos. Mentres a cidade disfruta do grande acontecemento, o inspector Olmedillo encargarase de desenguedellar esta trama de vinganza e morte.

14,5 x 20. 136 páx. 10,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-61-8



FÓRA DE XOGO.
Manuel Forcadela


Un futbolista croata, a súa fermosa irmá, unha estraña secta relixiosa e un perigoso grupo de empresarios posuídos pola ambición, fan que o coñecido investigador Toni Barreiro tente solucionar un caso onde se mesturan a paixón, a cobiza de poder e a morte.

14,5 x 20. 184 páx. 9,00 € (terceira edición)
I.S.B.N.: 84-87126-75-8



SIRENO.
Darío Álvarez Gándara


Xulio Capelas, famoso cantautor, desaparece nas augas da ría de Vigo despois de caer ó mar dende a borda do seu iate. A súa amante consegue comprometer ao Dr. Lázaro Evia na pescuda sobre a desaparición do seu amado. Intereses creados, paixóns, amores, inxenuidades.

14,5 x 20. 144 páx. 9,00 € (segunda edición)
I.S.B.N.: 84-87126-76-6



O ASASINO DA TORRE DE LONDRES.
J.B. Livingstone. Trad. Carlos Álvarez Quintero


Durante a cerimonia da toma de posesión do gobernador da Torre de Londres, un soldado amosa nas súas mans a cabeza ensanguentada da muller do gobernador. ¿Como ocorreu? ¿Quen puido cometer un asasinato tan cruel e tan brutal no medio de cerimonia tan importante?

14,5 x 20. 232 páx. 9,50 €
I.S.B.N.: 84-87126-94-4



O FRACASO DE LÁZARO EVIA.
Darío Álvarez Gándara


O doutor Lázaro Evia, xunto co seu compañeiro de investigacións policiais, Avelino Avilleira, traballan na resolución dun caso ben estraño: unha banda raptou o Cristo da Victoria e trata de chantaxear á cidade. A desaparición da imaxe pode traer consecuencias catastróficas ¿Lograrán os perspicaces investigadores dar a tempo co Cristo da Victoria?

14,5 x 20. 112 páx. 7,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-034-4



UN CADÁVER DESCONCERTANTE.
Joseph Mª Palau i Camps. Trad. Dolores Miloro


O inspector mallorquino Jaume Arbós, durante unha viaxe a Galicia, faise cargo da investigación do caso dun estraño cadáver que atopan no río Miño.

14,5 x 20. 136 páx. 7,50 €
I.S.B.N.: 84-8289-020-4


as coleccións de lectura
     
 

A Curuxa
Libros recomendados para o segundo e terceiro ciclo da Educación Primaria, textos ilustrados para os lectores máis novos.

Gaivota
Textos narrativos seleccionados especialmente para os esdudiantes da Educación Secundaria Obrigatoria.

Narrativa
Literatura xuvenil e para adultos en textos escolleitos dos máis interesantes escritores e escritoras.

Cómplice
Colección de relato fantástico e policial que xunta o máis interesante do xénero publicado en lingua galega.

Criterio
Ensaio sobre a obra e a biografía dos máis relevantes autores e títulos da nosa literatura.

Ensaio
Quer a literatura quer a lingua teñen nesta serie o seu tratamento específico, riguroso e ameno.

Escolmas
Unha nova colección de antoloxías poéticas dos grandes autores e autoras de Galicia.

Documenta
Textos de información sobre os máis interesantes temas de interese xeral.

Biografías Históricas
Nas que o biografiado é o fío conductor do periplo vital e histórico de toda unha época e actividade.

Etnografía
Cultura popular, tradicións, costumes... A Galicia tradicional nos seus estudios.

Mitos e Tradicións
Narracións chegadas a nós pola transmisión oral de ducias de xeneracións, recolleitas e fixadas para sérenlle contadas ás vindeiras.

Cociña
As mellores receitas dun dos grandes da gastronomía galega: Paco Feixó.

Textos Internacionais
Cadernos de enorme interese na análise e documentación dos puntos quentes do planeta, feitos, e realizados para pensar no mundo desde nós mesmos.

O Fardel
Un lugar de encontro entre diversas disciplinas que non deben quedar isoladas.

Fotografía
Libros en gran formato con fotografías de gran calidade sobre os aspectos máis relevantes do país.

 
 
 
 
 
– © Edicións do Cumio. Reservados todos os dereitos. –
   
DICCIONARIOS ENSINO LECTURAS CONTOS E XOGOS MULTIMEDIA GUÍAS CARTOGRAFÍA MÚSICA