Paco Rivas

Paco Rivas

Paco Rivas (Cervo, Lugo). Filólogo e escritor, foi profesor de galego, asesor de Lingua e Literatura galegas no CEFOCOP de Pontevedra na década dos noventa e é tamén coñecido polo seu labor no ámbito da radio desde a década dos oitenta (Radio Galega, Radio Cornellá e Radio Foz) en programas pedagóxicos e culturais onde fixo numerosas lecturas poéticas.

Interesado en temas literarios, lingüísticos e antropolóxicos, publicou diferentes estudos, propostas didácticas, adaptacións literarias e traducións de carácter pedagóxico como Ensino e Análise Transaccional de Marie J. Chalvin (Laiovento, 1998). É salientable a súa traxectoria como lingüista e lexicógrafo, ámbito no que publicou diversas obras entre as que destacan as realizadas no campo da lingua mariñeira, como Fraseoloxía do mar na Mariña luguesa (2000) ou o Dicionario Fraseolóxico do mar. No ámbito da poesía publicou numerosas colaboracións en revistas e participou en escolmas poéticas.