Miguel Mosquera Paans

Novelista, poeta e etnógrafo galego nado en Holanda, seguidor da corrente da Ourensanía (Universalización da cultura galega) “Os galegos podemos permitirnos o luxo de nacer donde nos pete sin deixar de ser galegos” estudoso da tradición e da cultura ourensá. Ten colaborado en distintos catálogos de arte para signaturas como a de Luis Gabú, Acisclo Manzano e Michel Bizet, para Alianza Francesa, Servicio Cultural da Embaixada de Francia, Obra social de Caixanova, os Museos das Peregrinacións, Casa da Parra… É colaborador fixo no diario La Región e da revista cultural El Libredón, unha das publicacións decanas das Casas de Galicia, que se lee indistintamente en Nova York, Londres, Lisboa, e en calquera lugar do mundo onde exista unha Casa de Galicia. Fíxose acreedor do 3.º Premio Jazz-mín de Poesía no 1984 e dunha Mención Honorífica no II Certamen Flor de Poesía de Buenos Aires no 2011, recibindo así mesmo unha Ameritación no III Certamen de Narrativa Fantástica en Corpus Christi, A Arxentina. En agosto do 2011 seleccionouno o xurado entre os finalistas para os 12.º Premio Relatos de Verán, premio dos lectores, publicándose o seu relato na Voz de Galicia. Archivos de la memoria y el mar. Poesía. Armonía Universal, Ourense, 2008; A cidade de Ouro. AICA. Ourense, 2009; Archivos del Atlántico. Poesía. Casa Eolo. Huesca, 2011; Leyendas de la ciudad de oro. Casa Eolo, Huesca, 2011; Lendas de Ourense. Edicións do Cumio, Ponte Caldelas, 2011 y Putas de la fe. Prodevys, Sevilla, 2012.